publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Responsables do Sergas inspeccionan os terreos nos que se contruirá o centro de saúde da Capela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaLocal
A-
A+

O director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial Bernárdez, visitou hoxe, acompañado do alcalde do concello da Capela, Manuel Meizoso López, os terreos onde se construirá o centro de saúde. A construción desta nova instalación da rede sanitaria pública galega, que conta cun investimento de 500.000 euros, está cofinanciada con fondos europeos e enmárcase no obxectivo da Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de atención primaria, para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

O centro de saúde, que contará cunha superficie construída de ao redor de 432 metros cadrados, situarase nunha parcela de 1.486 metros cadrados cedida gratuitamente polo concello.

Na súa visita, o director estivo acompañado pola arquitecta Cristina Fernández, especialista en arquitectura sanitaria que, entre outras obras, proxectou e dirixiu a reforma integral e rehabilitación do Hospital Abente e Lago da Coruña e participou na redacción e dirección da fase II do plan director do C.H. Universitario da cidade herculina. Tamén participou na ampliación do hospital de Monforte e en diversas reformas no Hospital de Conxo, en Santiago.

Cristina Fernández forma parte do colectivo de profesionais que encabeza Joaquín López Fando, coordinador responsable do equipo que leva a cabo a revisión do proxecto de execución do centro de saúde, introducindo, entre outras melloras, elementos de eficiencia enerxética coa fin de dotalo dos máximos estándares de calidade e sustentabilidade ambiental.

Así mesmo, Félix Rubial estivo tamén acompañado polo xerente de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio Villanueva; pola delegada territorial da Coruña, Belén do Campo Piñeiro, e pola subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Belén Currás.

Plan funcional

Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, na área de medicina xeral e enfermería, dúas consultas e dúas salas polivalentes. Na área de administración disporase de arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

25 de setembro de 2013 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.