Rematáronse as obras de conservación e mellora nos ríos Pereiro, Tomeza, Pintos e Gafos ao seu paso por Pontevedra

Antes e despois dos traballos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, executou unha actuación de mellora, conservación e mantemento dos ríos Tomeza, Pintos e Gafos ao seu paso polo Concello de Pontevedra.
En total melloráronse case 2,5 quilómetros de curso fluvial. Concretamente, no caso do río Tomeza a actuación levouse a cabo dende o lugar de Lusquiños ata a confluencia co río Pintos; no caso do río Pintos, a mellora desenvolveuse no tramo que discorre dende o vial EP-0002 ata a desembocadura no Río Tomeza; e por último, no río Gafos, a mellora executouse no dende a confluencia do río Pintos no Tomeza ata a zona da parte baixa da estación de autobuses.
Estes traballos implicaron un investimento de máis de 20.000 euros e consistiron na retirada de varias árbores caídas ao leito do río e outros restos vexetais, así como a recollida de residuos e o seu traslado ao xestor autorizado.











