Remataron as obras de limpeza de pistas, camiños e terreos públicos na zona intermareal do Umia
O Concello de Ribadumia finalizou a primeira fase das obras de mellora da paisaxe agraria na parroquia de Sisán, con limpeza de pistas, camiños e terreos públicos na zona intermareal do río Umia. Esta actuación está financiada coa axuda que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorga a concellos da Rede Natura 2000 para anualidades 2013 e 2014.
Ribadumia se atopa dentro dos concellos incluídos na Rede Natura 2000, e concretamente na zona intermareal Umia-O Grove. O obxectivo da convocatoria desta liña de axudas é executar accións que permitan a mellora do paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou recuperar as especias historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000.
O proxecto conta cun orzamento de 25.000 euros distribuidos en dúas fases, coincidindo coas anualidades 2013-2014. O obxectivo e a rexeneración da zona afectada pola Rede Natura, mellorar as marxes do Umia e protexer a riqueza medioambiental do lugar. As accións incluíron a retirada de escombros a vertedoiros autorizados; retirada ou quima dos restos vexetais; subministro e compactación de xabre para recuperar a rasante dos camiños, deteriorados na súa meirande parte pola choiva; reparación e construción das cunetas desfeitas pola choiva; limpeza de vexetación nos camiños…
Estas obras supoñen a mellora da paisaxe agraria e favorecen o futuro desenvolvemento dos usos recreativos que están previstos no proxecto do paseo fluvial que une Sisán con Barrantes.
Comeza o ensanche da Pista da Bouza
Os operarios do Concello de Ribadumia traballan estes días na mellora e no ensanche da Pista da Bouza, na parroquia de Ribadumia, co fin de mellorar a circulación rodada nesta pista que une os lugares da Bouza e Puxafeita. Trátase dunha pista de parcelaria con circulación en ambos os dous sentidos, pero no que só ten cabida un vehículo, polo que desde o Concello de Ribadumia decidiron que sería unha boa opción para garantir maior seguridade ampliar a dous carrís. O Concello de Ribadumia agradece especialmente a colaboración dos veciños, xa que para a ampliación necesitouse invadir as propiedades privadas. Unha vez ensanchada a estrada, procederase ao aglomerado en quente.











