publicidade hoxe

Rematan os traballos de mellora no acceso á igrexa parroquial de Vilachá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+
Visita do rexedor para comprobar os traballos

Visita do rexedor para comprobar os traballos

Esta obra tivo por obxecto a adecuación e acondicionamento do acceso ao entorno da Igrexa de Vilachá, na Parroquia de Portocelo, así como a restitución dos muros de mampostería existente, desmontados pola ampliación do vial.

Con esta intervención perseguíase mellorar  o acceso dos veciños á Igrexa e ao seu entorno, o cal se conseguiu plenamente, xa que o novo acceso permite o paso de 2 vehículos simultáneamente, o que non ocurría antes. Ademáis, para mellorar e garantir a seguridade das persoas que accedan a esa área, dentro do vial creouse un espazo peonil diferenciado. Tamén son neste caso importantes os beneficios estéticos, dado que esta intervención realizouse no entorno da Igrexa de Vilachá; neste sentido, os traballos realizados manteñen o máximo respeto polo seu entorno, adecuándose e integrándose perfectamente co xa existente.

Esta importante obra incluiu as seguintes actuacións:

-A primeira parte deste proxecto, que incluiu varias fases, foi a ampliación do vial de acceso, desescombrando a área de intervención; con esta intervención prácticamente se  duplicou o ancho do vial; aquí destacamos a aportación dos veciños, os cales desinteresadamente cederon os terrenos cos cales se realizou a ampliación da calzada.

-Unha vez ampliada, procedeuse á construcción dun muro de mampostería a ambos lados e ao longo de todo o vial de entrada, ata o entorno da Igrexa; partíase da existencia duns muros previos, os cales estaban en moi mal estado.  Ao ampliarse o ancho do vial, os muros houbo que refacelos na súa nova ubicación.

-Rematados os muros, procedeuse ao nivelado da calzada, canalización para alumeado, instalación de rejillas sumideiros, colocación de arquetas de conexión, etc., para rematar esta fase cun riego de aglomerado de toda a calzada. Neste sentido, e xa falamos antes dela, dentro da intervención realizada, aproveitouse para marcar unha acera dentro do vial para facilitar o acceso peonil.

-Esta obra rematouse coa instalación dun novo alumeado público, con novas e modernas farolas.

O investimento nesta obra foi de 73.149 €, aos que hai que engadir o custo do aglomerado, o cal formou parte dun proxecto de aglomerados de varios viais do Concello.

16 de setembro de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.