Remata a Semana da Mobilidade co Día sen coches e o Día da Bicicleta
O Concello de Lugo invita a todos os veciños e veciñas a desfrutar este sábado e domingo do Dia sen Coches e o Día da Bicicleta respectivamente, e que porán fin as actividades celebradas ao longo desta Semana da Mobilidade.
Así, mañá sábado 21, celebrase o Día sen Coches, e desenvolverase no Casco histórico a actividade chamada “A cidade sen o meu coche”, que supón restriccións no tráfico e estacionamento de vehículos no Centro da cidade e, ademais, será gratis o transporte público. Ademais, delimítase como zona de restricción ó tráfico a que comprende todas as rúas sitas no interior do recinto amurallado. Por ese motivo, só se permitirá o acceso de vehículos para a entrada e saída dos aparcadoiros subterráneos, a través das rúas do Teatro (aparcadoiro de Santo Domingo), Montevideo, Bolaño Rivadeneira e a praza do Ferrol (aparcadoiro da praza do Ferrol) e non se permitirá ese día o estacionamento en superficie no interior do recinto amurallado.
O domingo 22, Día da Bicicleta, haberá unha marcha ciclista dende a praza Maior, onde se concentrarán os participantes ás 11.30, e o Centro Comercial As Termas, onde rematarán os actos ás 13.00 horas. O itinerario será o seguinte: Praza Maior, Rúa Bispo Aguirre, Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida de Ramón Ferreiro (ata Pintor Corredoira) Avenida Ramón Ferreiro (sentido centro da cidade), rúa Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, Avenida da Coruña, Parque da Milagrosa, Rúa Montefaro, Avenida Infanta Elena e Centro Comercial As Termas, onde terá lugar un sorteo de agasallos no que poderán participar todas as persoas que se inscriban ata o día 21.











