Regresa a Pontevedra o festival Núbebes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

As Concellarías de Cultura e Benestar Social Municipal continúan esta fin de semana o festival Núbebes, festival de artes escénicas para bebés e familias, que rematará o domingo logo dunha grande variedade de propostas. Todas as actividades son de balde.

A programación para mañá é a seguinte:

• Xogando cos sentidos. ETL Paspallás. Obradoiro para bebés e familia (30 minutos).
– 18.00 h (de 6a 18 meses) Casa azul
– 19.00 h (de 18 a 36 meses) Casa azul

• Obradoiros
– Acompañamento emocional aos nenos a cargo de Patricia Canabal. Obradoiro para dotar de ferramentas aos docentes que traballan nas escolas infantís. De 18.00 h a 22.00 h Casa das Campás

O programa para o sábado é o seguinte:

• Danza para bebés. Artestudio. Obradoiro de danza para bebés e familia (40m).
– 11.30 h (de 6 a 12 meses) Casa azul
– 12.30 h (de 13 a 24 meses) Casa azul
– 17.30 h (de 24 a 36 meses) Casa azul
– 18.30 h (de 3 a 4 anos) Casa azul

• Kubik. Teatro Paraíso. Espectáculo de teatro para bebés e familia. De 0 a 3 anos (30 minutos). No Teatro Principal.

• Obradoiros:
– Desenvolvemento infantil e psicomotricidade. Marta Lloves. Obradoiro de psicomotricidade para docentes das Escolas Infantís. De 10.00 h a 14.00 h Casa das Campás

A programación para o domingo é o seguinte:

• Xogando entre nós. Patricia Canabal. Obradoiro de xogo corporal para bebés e familia. De nenos de 0 a 3 anos, e de 3 a 6 anos (30 minutos).

– 11.30 h (de 0 a 3 anos) Casa azul
– 12.30 h (de 3 a 6 anos) Casa azul
– 17.30 h (de 0 a 3 anos) Casa azul
– 18.30 h (de 3 a 6 anos) Casa azul

• Contos con Roque. Baobab Teatro. Espectáculo de contos con títeres e obxectos para bebés e familia. De 0 a 5 anos (30 anos). Ás 12.00 e ás 13.00 horas na Casa das Campás.

• As cantigas de Chupeta. Golfiños. Concerto musical. De 0 a 5 anos (40 minutos). Ás 19.00 horas Teatro Principal.

26 de setembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.