Reforzo da seguridade viaria nos centros educativos ante o comezo do novo curso escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Concellería de Tráfico do Concello de Ourense reforza a seguridade viaria no contorno dos centros educativos da cidade con visitas ao inicio, esta semana, do novo curso escolar 2013/2014. Con esta finalidade, durante os últimos días, a Oficina de Tráfico procedeu a revisar a sinalización da totalidade dos 31 colexios da cidade, como fai cada ano antes da volta ás aulas dos escolares ourensáns.

As accións realizadas consisten na revisión da sinalización tanto horizontal como vertical, e a execución de traballos de repintados de pasos de peóns, paradas de autobús escolar e zonas de exclusión de tráfico, xunto coa colocación de novos sinais nos centros onde resulta preciso.

Tamén coa mesma finalidade, reforzouse a seguridade no contorno dos centros educativos coa instalación de novas bandas redutoras de velocidade, nos seguintes puntos:

– Padre Feijóo (sito na rúa Doutor Flemming). Colocáronse bandas redutoras de velocidade coa súa correspondente sinalización horizontal e sinais verticais

– No colexio de Mende repuxéronse as bandas redutoras de velocidade

– En Vistafermosa repuxéronse as bandas redutoras de velocidade e un novo sinal

– Luis Vives: colocación de novas bandas redutoras de velocidade, no acceso ao colexio na rúa dos Ponxos.

9 de setembro de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.