publicidade hoxe

Recoñecemento en Ares ao sacrificio dos deportistas locais do Club de Remo e de Álvaro Illobre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportesLocal
A-
A+

Os remeiros do equipo masculino do clube local, que veñen de acadar o ascenso, e o tenista en cadeira de rodas Álvaro Illobre, campión de España por quinta vez, recibiron esta mañá unha homenaxe por parte da corporación municipal; unha homenaxe que, como destacou o alcalde, o socialista Julio Iglesias, non é outra cousa que o recoñecemento de todo un pobo aos que cun enorme sacrificio están a recoller os seus froitos.

Iglesias animou a todos os deportistas, tanto se gañan como é o caso como se non acadan todos os seus obxectivos, a seguir co seu esforzo e sacrificio. Así mesmo, afirmou que cada minuto de traballo é valorado por algún veciño dun pobo que, malia a súa humildade e carencia de medios polo seu pequeño tamaño, non deixa de dar titulares polas numerosas victorias dos seus deportistas en moi diversas categorías.

Os remeiros e Illobre asinaron, despois de recibir un agasallo por parte da corporación, no Libro de Ouro do Concello, e a continuación baixaron ás escaleiras do Consistorio, donde posaron cos representantes políticos que asistiron ao acto, para a foto de familia.

14 de setembro de 2013 | 14:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.