Recoñecemento aos bombeiros coruñeses tras acadan 4 ouros na proba Stair Race Full

Recepción municipal aos bombeiros
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibiu aos bombeiros que participaron nos World Police Fire Games, as chamadas Olimpíadas de Bombeiros e Policías, que se celebraron en Belfast entre o 1 e o 10 de agosto coa participación de 15.000 profesionais de 67 países dos cinco continentes.
Negreira felicitou aos bombeiros, que conseguiron un total de 12 medallas, entre elas 4 ouros na proba raíña a Stair Race Full, que consiste en subir correndo as escaleiras dun edificio de 35 plantas cos máis de 25 quilos de peso do seu equipo. O alcalde agradeceu o seu sacrificio, as súas ganas de participar e destacou o seu afán de superación. Ademais valorou a súa actividade diaria, grazas á que “os coruñeses nos sentimos seguros”.











