publicidade hoxe

Recoméndase o uso da AP-9 e a Terceira Rolda ante o corte de tráfico da Nacional 550 no Portádego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
Regulamento do tráfico

Regulamento do tráfico

O corte no Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento da cidade e a bisbarra que executa Emalcsa derivou unha importante carga de tráfico á AC-211. A primeira mañá co corte efectuado levou consigo retencións na circulación en Fonteculler, polo que o Concello de Culleredo aposta polo uso de vías alternativas que alivien a situación.

O Concello recomenda aos veciños o uso da autoestrada AP-9 e da Terza Rolda para dirixirse á cidade da Coruña e así evitar o paso pola AC-211. Aínda que os traxectos sexan máis longos en distancia, en tempo serán máis curtos ao non utilizar tramos que hoxe tiveron unha moi elevada carga de tráfico.

Especialmente notouse o corte en dirección a Coruña. Os vehículos que chegaban da N-550 por Vilaboa conectaron á AC-211 por medio da avenida do Portádego, o que orixinou a saturación da circulación nestas dúas vías. En sentido O Burgo tamén influíu o corte, con pouca fluidez da circulación por momentos dende A Pasaxe.

A recomendación do Concello é que os veciños, especialmente do Burgo, Almeiras ou Acea de Ama, tomen a AP-9 no Paraugas para evitar a AC-211 e a N-550. E que os vehículos que veñen da N-550 desvíense á Terceira Rolda na rotonda do aeroporto ata A Zapateira. Con motivo deste corte de Emalcsa, que se prolongará ata mediados de mes, a Policía Local reforzou o seu número de efectivos para estas xornadas, establecendo unha regulación especial de tráfico na AC-211 e na avenida do Portádego. Os axentes coordinaron o tráfico nas interseccións, con especial atención nas horas punta.

Mentres, en sentido Vilaboa, a circulación polo Nacional 550 se produciu con normalidade. O Concello de Culleredo entende que a envergadura dos traballos de Emalcsa, de vital importancia para o abastecemento de auga da bisbarra, obrigue a este corte, por motivos de seguridade e axilidade da actuación. O goberno local fai un chamamento para o emprego das mencionadas alternativas e tratar de evitar as molestias das posibles retencións que se xeren.

Servizo de bus

O servizo de bus tamén sofre importantes variacións. O servizo en dirección a Coruña non realiza as paradas de Radio Culleredo nin das vivendas de aluguer do Portádego.

Habilitarase unha parada no Edificio do Arco (confluencia do Nacional 550 coa avenida Electo Carballo) tras a que o transporte toma Electo Carballo para chegar á AC-211 e seguir cara A Coruña. En sentido contrario, en dirección Vilaboa, os autobuses manteñen as súas paradas habituais.

Tamén sofre cambios a liña de transporte que procede de Cambre polo paseo marítimo do Burgo. Para no Edificio do Arco e baixa pola avenida do Portádego para continuar o seu traxecto á cidade pola AC-211, en lugar da N-550.

2 de setembro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.