publicidade hoxe

Recollida de tapóns para axudar a José Manuel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónLocal
A-
A+
Tapóns solidarios a favor de José Manuel de Vedra

Tapóns solidarios a favor de José Manuel de Vedra

O Concello de Boqueixón estase sumando ás inicitaivas postas en marcha a favor de José Manuel de Vedra, un neno de 8 anos con parálisis cerebral. Jose Manuel foi diagnósticado de disparesia espástica cando tiña dous anos, enfermidade que lle impide entre outras cousas poder camiñar. A solución definitiva pasa por unha operación nunha clínica privada de Barcelona, que conta cun especialista neste campo, e unha longa tempada de rehabilitación que lle permita desfacerse da súa cadeira de rodas e poder camiñar.

A entrega de tapóns pódese realizar na Casa do Concello, Protección Civil  , CRA Boqueixón-Vedra, Papelería Lino (Lestedo),  Casa Lenin (Sergude) e Panadería Loureda (Loureda)

25 de setembro de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.