Recibimento municipal aos peregrinos da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral

Participantes na Praza do Obradoiro
A alcaldesa en funcións, Amelia González, e o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, recibiron á Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral da Coruña (ASPACE), ao remate da súa peregrinación a Compostela. Satisfeitos tras realizar o Camiño e alcanzar a súa meta, os peregrinos realizaron unha foto de grupo na praza do Obradoiro.











