Recíbense un centenar de solicitudes para participar nas Escolas Municipais culturais e deportivas
O Concello de Neda recibiu un total de 98 solicitudes para tomar parte na oferta das Escolas Municipais culturais e deportivas. Unha positiva resposta ás propostas planteadas pola Administración local, que prevé iniciar o calendario de actividades ao longo do mes de outubro, toda vez que conclúa o proceso de contratación en curso.
Así mesmo, o Concello sinala que, para favorecer a participación e evitar que o contexto de crise fose un obstáculo, conxelou de novo neste curso as tarifas. Entre as propostas munici-pais se atopan inicialmente clases de ximnasia de mantenemento, ximnasia terapéutica, ioga e talleres de pilates. Tamén obradoiros de iudo, karate, ximnasia rítmica e baile. Ou talleres de memoria ou informática, entre outras.
Por último, apuntar que as actividades levaránse a cabo ata xuño maioritariamente no pavillón polideportivo e, en menor medida, no Centro Cívico. ¿Os prezos? Para as persoas meno-res de 14 anos, 9,74 euros ao mes; 13,91 euros para aqueles entre 14 e 18 anos, e 22,24 euros para os maiores de idade. Así mesmo, establécese unha matrícula de 8,35 euros para me-nores de 18 e de 16,68 para maiores. Así mesmo, o Concello plantea diferentes bonificacións que van do 10 ao 90%. Entre estas, para pensionistas, familias numerosas ou aquelas que acrediten escasos recursos.











