publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Próxima visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura á Casa das Insuas no Concello de Rábade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugoO CorgoRábade
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 21 de setembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro de “Terras de Auga e Cultura”, un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 22 de setembro e visitarán o concello de Rábade.

Nesta ocasión os participantes visitarán Rábade, onde poderán participar nunha visita guiada á Casa das Insuas e logo facer un fermoso roteiro cicular a carón do río dunha hora e media de duración. É un camiño suave, polo que non entraña dificultade e está adecuado para todos os públicos. Resultará moi interesante para os amantes da natureza, porque poderase descubrir a fauna e a flora das ribeiras do Miño. Ademais tamén se fará unha visita á feira de Rábade e polos puntos de interese da vila.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 21 de setembro a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).

19 de setembro de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.