Proxección do documental “As Encobras” no entorno da Igrexa de Santa María Nai de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Mañá mércores terá lugar unha nova proxección do ciclo de documentais organizado pola Concellería de Cultura a través do Festival de Cine. A proxección de “As Encobras”, será nas escaleiras da Igrexa de Santa María Nai, no lateral da Praza Maior, e comezará a partir das 22 h.

O documental “As Encobras” (2007) narra a historia que viviron os veciños desa localidade no Concello de Cerceda desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que a Unión Europea explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Case 40 anos despois, cerca de mil persoas tiveron que abandonar o val.

A produtora Aleuto Medios Dixitais, desenvolve este ciclo que o vindeiro mércores 2 de outubro terá a última proxección co documental “Marea”, centrado na vida dos mariñeiros.

24 de setembro de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.