publicidade hoxe

Protección Civil de Culleredo conclúe a formación de voluntarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

O Concello de Culleredo finalizou a formación impartida aos aspirantes a voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións da provincia. A Axencia Galega de Seguridade elixiu de novo a Culleredo como sede desta importante acción formativa, destinada á capacitación básica dos asistentes.

O curso básico de Protección Civil reuniu 21 aspirantes a voluntarios procedentes de diferentes municipios da bisbarra e a provincia, como Oleiros, Coristanco ou Oroso, como tamén de Culleredo.

O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Protección Civil, Alberto Veira, acompañaron aos participantes na última xornada do curso, o pasado sábado.

Rioboo felicitou os voluntarios tanto pola realización do curso coma “por decidirse a efectuar un labor de voluntariado tan importante de apoio á sociedade”. Pola súa banda, Veira resaltou a “confianza” no labor dos efectivos municipais cullerdenses, demostrada pola Axencia Galega de Seguridade, o que se explica pola “capacitación e calidade” do servizo municipal.

O programa do curso compúxose das diferentes materias básicas que deben dominar os voluntarios das agrupacións, como primeiros auxilios, extinción de incendios ou prevención de riscos. A formación tivo lugar nas dependencias municipais de Protección Civil. O profesorado estivo composto por persoal do servizo municipal de Protección Civil así como profesionais médicos e técnicos da Xunta de Galicia.

16 de setembro de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.