Prorrógase o servizo de teletradución para vítimas de violencia de xénero e mulleres do colectivo inmigrante
O Concello de Ferrol informou hoxe da ampliación do prazo de vixencia do convenio de colaboración asinado coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, para a asistencia social integral a mulleres e vítimas da violencia de xénero do colectivo inmigrante a través dun servizo de teletradución. Esta prórroga do acordo de cooperación permanecerá vixente ata o 31 de agosto de 2014 e suporá un custe cero para as arcas municipais.
Así e gracias a dito acordo, as mulleres inmigrantes usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) ou da Casa de Acollida da cidade naval dispoñen dun servizo de teletradución que permite que sexan atendidas no seu propio idioma co fin de prestar unha correcta asistencia e minimizar o estrés e a ansiedade que se produce, en moitos casos, ante a falta de entendemento. O sistema, que funciona as 24 horas do día e os 365 días do ano, presta atención ás mulleres que teñen como idioma materno os seguintes: inglés, francés, alemán, árabe, romanés e chino; e atender os 365 días do ano, en horario de 8 a 18 horas e de luns a venres, a aquelas usuarias que falen as seguintes linguas: italiano, finés, holandés, urdu, portugués, grego, húngaro, catalán, xaponés, turco, búlgaro, armenio, ruso, ucraniano, brasileiro, mandinca, polaco, tailandés, cantonés, afgano, farsi, esloveno, eslovaco, albanés, bambara, wolof, euskera, bereber, suniki, lituano, danés, bosnio, noruegués, hindi, serv-croata, taiwanés, checo, poular, coreano, georgiano, persa e sirio.
A través da plataforma de teletradución, estas mulleres teñen a seguridade de acceder de maneira axeitada á información e aos recursos dispoñibles, así como, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. Este sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, ademais dun establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.











