Programa de prevención de drogodependencias en Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoMonforte de Lemos
A-
A+
Proxecto creative

Proxecto creative

A noite do venres, 20 de Setembro, previa ao día de San Mateo, instalarase na PARTE, a partir das 24 horas, unha carpa informativa para levar a cabo o programa de prevención de drogodependencias CREATIVE.

Con este programa preténdese informar a poboación en xeral e en especial aos mozos sobre os efectos de diversas drogas, legais e ilegais, as consecuencias do seu consumo e todas aquelas cuestións referidas a substancias sobre as que se desexe información.

Nesta carpa existe tamén a posibilidade de que se solicite análise de substancias.

Esta actividade está coordinada polo Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, pertencente á Concellaría de Sanidade, cuxo responsable é Antonino Luaces e será realizada polo persoal de Alborada (ONG de Vigo), contratada pola Xunta de Galicia (Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias).

Se necesitades máis datos e maior información sobre esta actividade podedes poñervos en contacto coa Unidade Asistencial de Drogodependencias e seravos proporcionada.

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
EQUIPO DE PREVENCIÓN
Otero Pedrayo s/n. 27400 – Monforte de Lemos
Enderezo electrónico: uad@concellodemonforte.com
Tlf. 982 40 04 95 / Fax. 982 40 51 72

19 de setembro de 2013 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.