Profesores do colexio Rio Tinto de Gondomar, en Portugal visitaron o municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+
Grupo de profesores de Rio Tinto

Grupo de profesores de Rio Tinto

Un total de 24 profesores do colexio Rio Tinto de Gondomar, en Portugal, visitaron o municipio a pasada semana.

Na súa visita estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Paula Bouzós, que lles mostrou as instalacións e funcionamento do Instituto Terra Turonio e do CEIP Chano Piñeiro.

Tras esta primeira toma de contacto entre os dous municipios homónimos, o profesorado do país veciño mostrouse moi sorprendido coas instalacións e funcionamento dos centros educativos do Concello. “A visita foi moi proveitosa para ambos”, sinala a edil de Educación, “o instituto Terra Turonio quedou moi satisfeito con este primeiro encontro, tanto que están encantados coa idea de levar a cabo un futuro intercambio co centro portugués”.

Dende a Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, continúase apostando por fomentar o contacto e intercambio, tanto cultural coma de coñecementos, con outros centros co obxectivo de crear e manter lazos activos que permitan unha comunicación aberta e beneficiosa para a comunidade educativa.

19 de setembro de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.