Presentouse a XII edición da Volta Ciclista a Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da Volta Cilclista a Galicia

Presentación da Volta Cilclista a Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, avanzou que a Volta Ciclista a Galicia volverá a amosar, nos seus 426 quilómetros das súas tres etapas, a perfecta maridaxe entre dureza, esforzo e beleza. “Fai poucos días, Galicia convertíase no punto de partida da Volta a España 2013 e, o próximo fin de semana, volveremos a presenciar como o ciclismo se posiciona, unha vez máis nunha cita imprescindible para o noso deporte”, aseverou.

Durante o acto de presentación da XII edición, Lete subliñou que este ano ven marcado por un destacado crecemento respecto a anteriores edicións con máis quilómetros de percorrido; con máis equipos e ciclistas inscritos, “e, tamén, -precisou- máis galegos, que se enfrontarán a outros procedentes doutras comunidades autonómicas e de Portugal”.

Logo de salientar o compromiso da secretaría xeral co ciclismo, reflectido na dotación orzamentaria que se destina anualmente; Lete destacou a importancia deste deporte na procura dunha das finalidades prioritarias da secretaría: que cada vez máis galegos adquiran hábitos de vida saudables a través da actividade física. “Estamos a falar do Plan Galicia Saudable e, nese obxectivo, a bicicleta é, indubidablemente, fonte de vida saudable, física e mental”, asegurou.

O secretario xeral para o Deporte concluíu, deste xeito, a súa intervención felicitando á Volta Ciclista a Galicia: “Pola súa manifesta condición de cita máis relevante do ciclismo galego e polo seu, tamén incontestable, valor de promoción de hábitos de vida saudables entre a poboación”.

11 de setembro de 2013 | 23:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.