Presentación do torneo de rugby en homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O sábado 21, o rugby español homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Será grazas a un torneo benéfico ao que acudirán xogadores procedentes de toda España, salientando a participación da Selección Española de Veteranos, España Classics. O torneo será presentado o vindeiro venres, ás 13:00 horas, no auditorio do Hotel Los Abetos (San Lázaro), nunha rolda de prensa na que estarán o concelleiro de Deportes, Adrián Varela; o vicerreitor da Universidade de Santiago, Francisco Durán; o presidente da Federación Galega de Rugby, Ignacio Cociña; e o presidente do Santiago Rugby Club, Ramón Lamas.

O diñeiro recadado durante o torneo grazas á inscrición dos xogadores, á barra que se abrirá durante a competición no Estadio Universitario da USC e a un sorteo (que inclúe entradas para o VI Nacións 2014, noites de hotel e prendas deportivas cedidas por diversas empresas), será doado á Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago de Compostela (APAFAS).

18 de setembro de 2013 | 15:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.