Presentación do libro “Un Médico na Aldea” na Fundación Cum Laude de Ourense

A Fundación Cum Laude de Ourense acollerá este venres 13 de setembro a presentación da edición conmemorativa do 20 aniversario do libro “Un Médico na Aldea” de Manuel Reimóndez Portela.
O acto terá lugar ás 20.00 h. no Salón Nobre do Liceo de Ourense e contará coa intervención do Secretario da Fundación Cum Laude, José Manuel Quintáns Vázquez; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; o escritor Xosé Neira Vilas; o Presidente do Foro Galicia Milenio, Marcelino Agís Villaverde; o Director de Edicións Fervenza, Xosé Luna Sanmartín; Xosé Luís Reimóndez Fernández e Rosalía Morlán que se encargará de recitar o poema “Don Manuel, o señor médico”.











