Poulo comezou con gran devoción as festas na honra á Nosa Señora da Merced

Procesión da virxe
Centenares de devotos da Nosa Señora da Merceda acudiron esta mañá á parroquia ordense de Poulo a renderlle tributo nas festas parroquiais que deron comezo hoxe mesmo. Tras a misa solemne levouse a cabo a tradicional subasta de mangueiras, onde os mellores postores obtuvieron o privilexio de poder cargar coa imaxen da santa pola rúa principal desta pequena aldea, así como polas inmediacións da capela. Posteriormente chegou o turno da festa, que nesta ocasión estivo marcada polos sons da orquestra a Bámbola e polo tradicional xantar popular no que centenares de veciños, veciñas e visitantes participaron. Cada un escolleu o sitio na ampla explanada de campo para desfrutar desta popular xuntanza. Xa pola noite o protagonismos recaerá na que para moitos é a mellor orquestra do territorio galego, a Panorama. De cara a mañá volverá a haber misa solemne ás 13 horas e música, tanto na sesión vermouth como na verbena nocturna, interpretada pola orquestra Panamá.
A organización tamén ten prevista a instalación dunha carpa no caso de que chova. Para levar a cabo esta popular romaría que cada ano congrega a un elevado número de asistentes e participantes, a comisión de festas conta coa colaboración tanto da veciñanza como de firmas comerciais, así coma do Concello de Ordes.











