publicidade hoxe

Portos de Galicia estuda a prolongación do dique do porto de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMiño
A-
A+
Prolongación do dique do porto de Miño

Prolongación do dique do porto de Miño

O ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar, acaba de contratar a asistencia técnica para o estudo sobre a prolongación do dique do Porto de Miño.

Unha empresa encargada por Portos de Galicia comezará a elaborar un estudo – cuxo importe ascende a 21.780 euros- sobre a prolongación do dique do Porto que tratará de previr a acumulación de area no porto. A empresa adxudicataria prevé un prazo de elaboración de 4 meses. Nas próximas semanas os técnicos desprazaranse a Miño para realizar as medicións e sondaxes necesarias para a análise científica da zona.

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, mantivo ao longo deste ano diversas reunións co responsable de Portos de Galicia e a Conselleira de Medio Rural e do Mar, demandándolles o dragado de área da zona do Porto, así como unhas medidas correctoras eficaces para evitar o desprazamento da area.

23 de setembro de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.