Pontevedra festexa unha nova edición da Feira Franca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

Pontevedra acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca, unha das festividades máis exitosas do municipio que supón a visita de miles de persoas durante as dúas xornadas: o venres, 6 e o sábado, 7 de setembro. A Concellaría de Seguridade Cidadá, en coordinación coa Festas e Servizos, todas elas coordinadas pola concelleira Carme da Silva, elaborou un dispositivo especial de tráfico e seguridade coordinado pola Policía Local, en colaboración co resto de servizos de emerxencias: Bombeiros, Protección Civil e Sanidade.

Ao respecto do Plan de tráfico, a Policía Local lembra que se ben a Feira Franca subscríbese ao centro histórico, xenera un importante tránsito de persoas e vehículos en toda a cidade, especialmente, nas entradas e saídas. O dispositivo especial de tráfico pretende minimizar os inconvintes da celebración, coa axuda do resto de servizos de tal xeito que o espazo público estea nas mellores condicións de uso para a cidadanía.

Ante a probabel presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello solicita a colaboración cidadá pedindo aos veciños que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindíbel, e fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios: Mollabao, Pavillón de Deportes e explanada do Recinto Feiral.

O operativo de tráfico implica medidas coma a restricción de aparcamentos en determinadas rúas ou cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.

Como é coñecido, a Feira Franca celébrase nas rúas da zona monumental, Maestranza, avenida de Montero Ríos, Michelena, Benito Corbal (tramo peonil), Arcebispo Malvar, Peregrina (tramo peonil) e contorna da praza de touros. A montaxe das infraestruturas nas prazas e rúas da zona monumental poderase realizar o venres, 6 de setembro, dende as 15 até as 19.00 horas. E o sábado, 7 de setembro, dende as 06.00 até as 10.00 horas.

As restriccións de tráfico no ámbito da Feira Franca son as seguintes:

– Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da zona monumental a partir do sábado día 7, ás 10 horas.

Arcebispo Malvar

Pardo Bazán

Rúa Alameda, desvio por Echegaray

Galera

Benito Corbal (tramo peonil)

Rúa Peregrina, (tramo peonil)

Rúa Michelena

–  Dende as 14 horas do día 7 de setembro pecharase á circulación de vehículos as rúas do entorno da praza de touros, por mor da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara as rúas Víctor S. Arnesto, Nostradamus Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.

– No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobian Roffinac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo.

As restriccións de estacionamento serán as seguintes:

• Dende as 22 horas do venres día 6 de setembro, prohíbese estacionar na rúa Santa Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cobian Roffignac, co gallo do transporte do viño.

• Entorno da Praza de Toros, prohíbese o estacionar dende o venres día 6 ás 07 horas na rúa Nostradamus, e Víctor Saez Armesto, rúa Canaval, e o perímetro da praza de touros a partir das 08 h. do sábado 7.

• A partir das 22:00 horas do venres 6, rúa Maestranza e Paseo Cervantes (reservado motos)

• Rúa Aduna dende as 15 horas do venres 6

• Dende as 22:00 horas do venres 6 Avenida Bos Aires (reserva parada de taxis) dende Alfredo García Hermida ata rotonda Ponte Santiago.

O Plan de seguridade estará activo dende as 11 horas do sábado, até as 03:00 horas do domingo 8 de setembro.

A partir das 12 h., un equipo conxunto de Policía Local e Bombeiros inspeccionará os postos co fin de que se adaptan as normas establecidas pola organización.

• Parrillas, só carbón

• Extintores, preto das parrillas

• Poderánse instalar só os autorizados.

• Espazo ocupación autorizado, especialmente nas vías de penetración e evacuación.

Durante a celebración da Feira Franca existirán os seguintes puntos de emerxencia:

• Posto avanzado médico no Teatro Principal

• Tres ambulancias mecanizadas:

– Valentín García Escudero
– Bastida/ Michelena.
– Alameda.

• Protección Civil:

– Praza Ourense.

• Bombeiros:

– Praza España
– Valentín García Escudero.

• En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados haberá unha seríe batería de extintores.

Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecese como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas: Real – Sarmiento – Isabel II – C. Enriquez – F. Villaverde – Michelena.

3 de setembro de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.