Pontevedra convertirase en sede do primeiro Festival das nubes “Núbebes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

10092013-7O Concello de Pontevedra, a  través das Concellarías de Benestar Social Municipal e Cultura, e coa coordinación de Andrea Bayer porá en marcha a final de mes o Festival das nubes “Núbebes”, un festival de artes escénicas para bebés e familias, o único da Galiza e dos poucos do Estado español.

Este festival nace co propósito de ter continuidade no tempo como o Salón do Libro, Domingos do Principal, ou outras citas obrigadas da programación infantil en Pontevedra.

Carmen Fouces destacou que “era necesario ter unha liña básica de traballo no ámbito das familias e pensado para todas as idades”. No programa ofrécese teatro, contos, música, danza e obradoiros para profesionais, acompañamento emocional dos nenos, para desenvolvemento infantil e psicomotricidade…

Todas as actividades son de balde. No caso dos obradoiros será preciso anotarse en contacto@baobabteatro.com e no resto de actividades será preciso obter o pase unha hora antes nos espazos onde se celebren, que serán tres: o Teatro Principal, Casazul e Casa das Campás. E o número de asistentes será o aforo dos espazos (os bebés contan como unha plaza).

10 de setembro de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.