Ponte Caldelas impartirá un curso de deseño de páxinas web e outro de orientación laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas organiza dous cursos de deseño de páxinas web e de orientación laboral no que terán prioridade nas prazas ofertadas os mozos do municipio, aínda que poderán solicitalo calquera persoa que estea interesada en participar en calquera desta dous iniciativas formativas.

O curso de deseño de páxinas web encóntrase dentro do Programa Actívate 2013 da Deputación de Pontevedra e está dirixido, prioritariamente, a mozos entre 16 e 35 anos. A duración do curso é de 40 horas e o prazo de inscrición finaliza o 20 de setembro.
A inscrición para poder participar neste curso de deseño de páxinas web deberá formalizarse nas oficinas municipais, na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.

En canto ao curso de orientación laboral, que está organizado pola Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponte Caldelas, está dirixido fundamentalmente a mozos entre 16 e 30 anos e aínda que tamén poderán participar aqueles Pontecaldelenses que o soliciten, só recibirán diploma acreditativo da súa participación neste os asistentes cuxa idade estea entre os 16 e os 30 anos.

A duración do curso é de 2 horas e o prazo de inscrición finaliza o 15 de outubro. As solicitudes deberán ser cursadas nas oficinas municipais do Concello de Ponte Caldelas.

Con estas medidas o Concello pretende seguir fomentando e organizando cursos de formación co obxectivo de que parados do municipio poida mellorar a súa capacitación para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

12 de setembro de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.