Ponte Caldelas amplía a oferta formativa laboral con cursos a personas en situacion de desemprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas amplía a súa oferta formativa laboral con novos cursos que se unen aos existentes no programa “FÓRMATE PARA O EMPREGO” cuxo prazo de inscrición finaliza o próximo 30 de setembro.

Os dous últimos cursos incorporados son o de Atención a Minusvalidez, de 8 horas de duración e un prezo de 30 euros, e o de Primeiros Auxilios, de 16 horas e un custo por alumno de 60 euros.

Ademais, destes a presente edición do programa FÓRMATE PARA O EMPREGO” contempla a impartición de cursos de manipulador de alimentos, aplicador de produtos fitosanitarios, obtención da tarxeta profesional da construción, operador de carretas elevadoras, operador de grúa hidráulica, CAP. de transporte, informática en diferentes niveis, inglés e francés.

A imposibilidade de facilitar estes cursos de forma gratuíta fixeron que o Concello de Ponte Caldelas tivese que xestionar a súa realización a un prezo moi económico que vai dende os 10 euros por un curso de operador de carretas elevadoras, de catro horas de duración, ata os 200 euros pola obtención do CAP. de transporte, con 35 horas lectivas.

BONIFICACIÓN PARA DESEMPREGADOS, MULLERES E MAIORES DE 45 ANOS

As xestións realizadas pola Oficina de Emprego e Desenrolo Local lograron tamén que persoas en situación de desemprego, mulleres e maiores de 45 anos poidan beneficiarse dun desconto nos cursos de operador de carretas elevadoras e operador de grúa hidráulica que pasarían o que os converte nunha opción formativa de interese ao ir o seu prezo moi por debaixo do que existe no mercado. Así no caso do curso de operador de carretas elevadoras, unha persoa pagaría 50 euros, por un curso de 18 horas lectivas, se está en situación de desemprego é muller ou supera os 45 anos de idade. En caso de ser traballador por conta propia ou allea pagaría 65 euros.

O mesmo acontece para o de operador de grúa hidráulica. Así, os descontos por ese concepto deixarían o curso de 16 horas en 55 euros, mentres que un traballador en activo, por conta propia ou allea, tería que achegar 70 euros.

“FÓRMATE PARA O EMPREGO” é un programa desenvolvido polo Concello a través da Oficina de Emprego e Desenrolo Local dentro das iniciativas que se veñen poñendo en marcha como forma de contribuír á loita contra o desemprego no municipio ao tempo que permite abrir novas perspectivas laborais e emprendedoras a persoas que se encontran en situación de desemprego.

17 de setembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.