publicidade hoxe

Piñor organiza clases de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que, unha vez rematados os exames de setembro convocados pola Xunta de Galicia para a obtención da ESO por libre, ábrese un novo prazo de inscrición para as persoas que sigan interesadas no curso de preparación das devanditas probas. Durante todo este ano, dende o Concello de Piñor estivo preparando ó alumnado para poder presentarse ás diferentes convocatorias. Trátase dunha actividade formativa dirixida a adultos que se ofrece dende hai varios anos de xeito consecutivo, que permite que toda aquela persoa que non puidera obter a ESO no seu momento poda prepararse para aprobar os exames e obter dito certificado, con tódalas portas formativas e laborais que lle vai permitir abrir. Este ano 2013 contouse coa axuda da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo este curso.

Unha vez rematadas as probas de setembro, iníciase un novo grupo o vindeiro 1 de outubro. O horario do curso será os martes e xoves de 19:30h a 21:30h e desenvolverase no concello vello. Os beneficiarios serán  persoas maiores de 18 anos que non teñan o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e que desexan obtelo para continuar cos seus estudios ou mellorar laboralmente.  Trátase dun curso totalmente gratuito.

A finalidade do curso é a preparación para superar as probas extraordinarias e tamén as probas a distancia e realízase en horario de tarde-noite, para facilitar a compatibilización coa xornada laboral ás persoas que teñan un emprego, adaptando deste xeito o ritmo de estudios ós alumnos e ás súas circunstancias, contando cunha docente con ampla experiencia na formación de adultos.

Toda persoa interesada en participar pode poñerse en contacto co Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal, sito en Servizos Sociais.

13 de setembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.