Persoal do Catastro desprázase a Cedeira para atender as consultas e reclamacións en torno á última revisión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira informa os veciños de que persoal do Catastro desprazouse á vila para atender as súas consultas e reclamacións en torno a a última revisión de valores. Así, dende esta mesma semana e ata o próximo 18 de outubro, cinco funcionarios dedicaranse en exclusiva a este labor en horario de mañá, de 10 a 14 horas.

Sen necesidade de cita previa, atenderán ao público no Edificio do Centro Social de Cedeira. Un servizo que virá a reforzar o traballo que se desenvolve dende o Punto Municipal de Información Catastral, oficina que continuará, como ata a data, prestando servizo aos veciños de luns a xoves de 10 a 14 horas na planta baixa da casa consistorial.

23 de setembro de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.