Peche do ciclo de concertos de verán da Banda Municipal de Música da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura informa de que a Banda Municipal de Música da Coruña pecha o ciclo de verán o vindeiro xoves, 26 de setembro, ás 20.00 horas, con entrada libre no Teatro Rosalía Castro. Será un monográfico dedicado ao zarzuelista valenciano José Serrano (1873 -1941), quen alcanzou grandes éxitos con algunha das súas zarzuelas, generalmente nun acto, cheas de verdadeira graza musical. A Banda Municipal de Música presenta neste concerto unha antología da súa obra.

Xoves, 26 de setembro.
20.00 horas.
Teatro Rosalía Castro.
Zarzuela. José Serrano.
Director: J. L. Represas.

1. Moros y cristianos – J. Serrano

2. La canción del olvido – J. Serrano

3. La Dolorosa Romanza de Rafael – J. Serrano arr. J. L. Represas

4. La Dolorosa Dúo de Rafael y Aurora – J. Serrano arr. J. L. Represas

5. Los Claveles. Escena lírica – J. Serrano arr. J. L. Represas

6. El Motete. Pasodoble da zarzuela homónima – J. Serrano

7. Alma de Dios. Canción húngara – J. Serrano

8. El fallero p.d. – J. Serrano

23 de setembro de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.