publicidade hoxe

Oza-Cesuras reducirá o impacto ambiental co soterramento de varias liñas eléctricas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOza/Cesuras
A-
A+

Unha partida de 17.100 euros para levar a cabo o soterramento de varias liñas eléctricas no concello de Oza-Cesuras.

Trátase dunha subvención concedida ao abeiro da orde da Consellería de Economía e Industria que establece axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais. Neste caso, o concello presentou o proxecto para actuar no núcleo de Penexa, onde se soterrará a rede de baixa tensión existente e a rede de alumeado público.

A achega do Goberno galego para esta actuación será do 95% do investimento total. Segundo destacou a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, “estes traballos contribuirán á eliminación do impacto paisaxístico que xeran este tipo de instalacións aéreas, mellorando ademais as súas características técnicas, o que, en última instancia, suporá un incremento na calidade da subministración eléctrica”.

Estas obras –apuntou Do Campo- reportan ademais importantes beneficios sociais que contribúen ao desenvolvemento dos concellos galegos. Por este motivo, establécense anticipos de ata o 25% do gasto co obxectivo de facilitar a súa realización. Este é o cuarto ano consecutivo que a Xunta promove este programa de apoio municipal, destinando en 2013 unha partida de máis de 1,5 millóns de euros para os concellos galegos.

21 de setembro de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.