Ourense será pioneiro a nivel nacional ao incorporar novas medidas na Ordenanza de Ruídos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, presentou esta mañá xunto ao técnico municipal de Urbanismo, Alfonso Pavón, a incorporación dun anexo na Ordenanza Municipal sobre Protección contra Ruídos e Vibracións do Concello de Ourense. A modificación, que fora aprobada polo Pleno do Concello, inclúe novas esixencias para locais e establecementos de restauración e salas de conferencias, engadindo ao seu aillamento acústico, a mellora da calidade sonora dos espacios comúns, esixindo agora límites á reverberación.

Esta nova esixencia contribúe a mellorar o “confort acústico” e protexer aos veciños e veciñas fronte a contaminación acústica, coa inclusión dun apartado sobre “reverberacións”, o seu cálculo, aplicación e entrada en vigor.

A modificación da Ordenanza de Ruídos afecta concretamente ao artigo 27 da sección 6ª, “Condicións de instalación e apertura de actividades” do Capítulo III, “Criterios de prevención específica”, engadindo un novo apartado, quedando redactado como segue:

Artigo 27.1 d) Tempo de reverberación e valores máximos:

– O tempo de reverberación e o tempo, expresado en segundos, necesario para que o nivel de presión sonora diminúa 60 decibelios, depois do cese da fonte. En xeral en función da frecuencia. Os valores das esixencias establecidos coma límite, entenderanse coma a media dos valores 500, 1000 e 2000 Hz.

– O conxunto dos elementos constructivos, acabados superficiais e revestimentos que delimitan cada un dos distintos espazos que a continuación se detallan, Terán a absorción acústica suficiente de tal xeito que:

– O tempo de reverberación nas aulas e salas de conferencias baleiras (sen ocupación e sen mobiliario) cuxo volumen sea menor que 350 m3, non será maior que 0,7 segundos.

– O tempo de reverberación en aulas e salas de conferencias baleiras, pero incluíndo o total das butacas, cuxo volumen sea maior de 350 m3, non será maior que 0,5 segundos.

– O tempo de reverberación en cafés, bares, café- bares, cafeterías, restaurantes e comedores baleiros, é dicir, sen ocupación de mobiliario, non será maior que 0,9 segundos.

Estas esixencias aplícanse a este tipo de recintos en edificios de calquera uso.

Os valores de tempo de reverberación especificaranse e usarán os cálculos redondeados á primeira cifra decimal (Exemplo 1,25 = 1,3.

O custe de mellorar a absorción é inferior a 18 euros por m2, e parellamente este custe implica diminuír os custes de aillamento nun 25% sendo unha inversión menor, que repercute na mellora do benestar do cidadáns.

A Ordenanza recolle un novo anexo (Anexo V) sobre o cálculo do tempo de reverberación, aplicando o “coeficiente de absorción acústica”, empregando unha fórmula aritmética, entre a capacidade do espacio (m3) e a súa capacidade para absorver os ruidos que nel se poden producir (m2, calidade dos materiais, ruídos…).

Aprobación definitiva

A Comisión de Pleno, na súa xuntanza desta mañá, retirou da orde do día do vindeiro Pleno Municipal, que se celebrará o venres día 4, o punto no que se recollía a aprobación definitiva da modificación da Ordenanza Municipal de Protección contra Ruídos e Vibracións. Esto é así porque ao non terse presentadas enmendas á modificación, considérase aprobada definivamente unha vez rematado o prazo para a presentación das mesmas. Así, remitirase para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor 15 días despois da súa publicación.

A comisión de Pleno ditaminou favorablemente a modificación e recoñecemento extraxudicial de créditos

A Comisión de Pleno ditaminou favorablemente, cos votos a favor do PSOE e abstención de PP, BNG e Democracia Ourensana e inclusión na orde do día do vindeiro Pleno, que se celebrará o venres 4 de outubro, o expediente de modificación de créditos, modalidade de créditos extraordinarios 3P/2013 e o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 3P/ 2013.

O importe total das facturas que deben incluírse no expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos é de 358.295,50 euros, correspondentes a facturas de exercicios anteriores que non puideron ser tramitadas no exercicio concreto. A este importe engáse as cantidades que se deben abonar a aquelas persoas que foron obxecto dun expediente de expropiación onde os xustiprezos adicionais foron acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia ou polo Tribunal Superior de Xsutiza de Galicia, segundo o caso, por importe de 222.887,86 euros, relativos ás expropiacións de locais no antigo edificio da Policía Local.

Ambos importes ascenden a un total de 581.183,36 euros, gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, para os que non existe crédito axeitado e suficiente no orzamento vixente.

27 de setembro de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.