Ourense investirá 113.000 euros na optimización das instalacións do Punto Limpo de Santa Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, na súa última sesión, a ordenación decrecente das ofertas presentadas á contratación do proxecto de obras de adecuación do Punto Limpo de Santa Mariña, onde se levará a cabo a mellora das instalacións e a optimización do seu funcionamento, adaptándose a posibles novas necesidades do servizo. A empresa “Construcciones Orega S.L.” presentou a mellor das ofertas, por 113.218 euros.

As obras comprenderán a instalación eléctrica do alumeado, un sistema de videovixilancia, a incorporación de colectores, e o acondicionamento das instalacións existentes e o pechamento. A actuación irá precedida das correspondentes demolicións, desbroce, nivelación do terreo e desmontaxe.

Unha das prioridades do proxecto é a instalación dun sistema de intrusión e CCTV (circuíto pechado de televisión), para o control e vixiancia das instalacións. O servizo estará dotado dunha central, detectores infrarroxos, transmisor e sirena. Así mesmo, e co fin de mellorar a seguridade da zona, reporase o pechamento existente.

A nova instalación eléctrica terá por obxecto dotar á instalación dunha iluminación óptima, tanto desde o punto de vista luminotécnico como económico. Así, adóptase unha solución que acada unha maior eficiencia enerxética e seguridade vial, coa renovación das lámpadas e luminarias.

No que respecta aos colectores, instalaranse dous seminovos cunha carga máxima de 30.000 Kg, destinados a almacenaxe de residuos municipais -domésticos e residuos procedentes de comercios, industrias e institucións-.

Así mesmo, se levarán a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a optimizar tanto o funcionamento do edificio de control, como o de almacenamento, mellorando asinstalacións existentes: reporanse persianas, fiestras, a instalación eléctrica e o pavimento, así coma outros traballos de albañilería. A maiores, realizaranse outras actuacións como a reparación de carpintería metálica, mellora da explanada, incorporación de céspede artificial e reposición de marcos e bordillos.

Funcións de recollida, tránsico e orientación de residuos

O punto limpo de Santa Mariña é un centro equipado con colectores específicos, capacitados para recibir residuos de particulares, artesáns e comerciantes. As instalacións constan dunha zona de acceso, unha caseta de control, un espazo de almacenamento, e colectores de gran capacidade para o depósito de residuos (téxtil, cartón, voluminosos, escombros, metais, plásticos, restos vexetais, maderas, etc.). Así, a instalación favorece a separación en orixe, contribúe á reciclaxe dos residuos recollendo enseres domésticos e participa na loita contra os verquidos incontrolados. O “punto limpo” asume as funcións de recollida, tránsito e orientación dos residuos, e asegura dun xeito funcional unha mellor valoración dos residuos.

Os principais obxectivos deste centro son os seguintes:

– Optimizar as estruturas de recollida e tratamento dos residuos urbanos.

– Recuperar e valorizar materiais.

– Evitar a deposición incontrolada de residuos.

– Tratamento correcto dos residuos domésticos tóxicos evitando a súa deposición conxunta no resto dos residuos.

– Atopar a mellor solución para cada tipo de residuo para acadar a máxima valoración dos materiais e o mínimo coste da xestión global.

– Participación activa do cidadán en programas de recuperación.

– Sensibilizar e informar á poboación sobre a problemática dos residuos.

2 de setembro de 2013 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.