publicidade hoxe

Os servizos de emerxencias tardan 3 minutos en sofocar un simulacro de incendio nunha empresa de Alvedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
Atención ao ferido no simulacro

Atención ao ferido no simulacro

Os efectivos de seguridade do Concello de Culleredo participaron hoxe nun simulacro de incendio nunha empresa radicada no núcleo de Alvedro. Tratouse dunha actuación coordinada pola Mutua Galega e levada a cabo na empresa Arquivo 2000 ás 10.00 horas.

O simulacro consistiu na simulación dun lume no cadro eléctrico da nave, o que danaría tamén de gravidade un dos empregados. Unha vez declarado, os traballadores chamaron o 112, que deu aviso a Protección Civil. O persoal abandonou de forma rápida e efectiva a nave e se reunión no punto marcado. Protección Civil chegou rapidamente dende a base situada na Corveira. En 3 minutos sufocaron o lume simulado e evacuaron o ferido. O 061 tamén participou no simulacro e chegou á empresa para atender ao traballador.

11 de setembro de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.