Os ourensáns terán á súa disposición 100 colectores para colaborar na reciclaxe de aceite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Desde a pasada semana, a Concellería de Limpeza a través da empresa Procesadora Gallega de Alimentos está levando a cabo a instalación de novos colectores de aceite ao longo do municipio. Así, desde mañá mércores día 11, un total de 105 colectores permitirán aos ourensáns reciclar este residuo, reducindo o impacto ambiental e creando un sistema de xestión integral de reciclado.

O aceite debe depositarse en envases de plástico ben pechados (botellas de auga ou de refresco, botes de suavizante, etc.). Unha vez depositado, o aceite será recollido, tratado e posteriormente enviado mediante camións a fábricas nas que se empregará para elaboración de biodiésel.

Os colectores disporán dun peche de seguridade para evitar a manipulación do interior, así coma un deseño que impida o seu traslado e mobilidade, ou a introducción doutros residuos non permitidos.

Segundo datos da Concellería de Limpeza, cada ourensán produce 7 kg de aceites domésticos ao ano, o que supón a contaminación de 7.000 litros de auga. A instalación dos colectores levouse a cabo tendo en conta a distribuición actual dos restantes colectores, e o aceite será recollido cunha periodicidade mínima dunha semana e máxima dun mes.

10 de setembro de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.