Os ordenses homenaxean ao coreógrafo e bailarían Juanjo Liñares no 80 aniversario do seu nacemento

Exposición no Museo do Traxe
O Concello de Ordes homenaxeu na tarde de onte ao gran coreógrafo e bailarín Juanjo Liñares con motivo do 80 aniversario do seu nacemento, fillo predilecto de Ordes e fundador do Museo do Traxe, un dos puntos culturais de maior interés de toda a vila ordense e que leva o seu nome.
Foi precisamente neste espazo onde a Agrupación Folclórica Sementes da Arte, fundada por Liñares na segunda metade do pasado século, iniciou o acto conmemorativo cunha serie de pezas que foron interpretadas en directo e bailadas por un corpo de baile composto por arredor de 30 bailaríns. Todo elo ante a atenta mirada de moitos veciños e veciñas entre os que se atopaban familiares e parentes deste artista que deu a coñecer o nome do seu Concello en todo o mundo. Manuel Segovia, fundador da compañía Ibérica de Danza, representantes de numerosas agrupacións e asociación folclóricas e culturais de toda Galicia e da Federación Galega de Danza, antigos alumnos e colaboradores entre outros, abarrotaban a entrada do museo á espera de que se abrirán as portas da exposición ‘Juanjo Liñares, a súa vida en 80 imaxes e obxetos persoais’. Previamente tanto Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe e Manuel Segovia tiveron palabras de ensalzamento á obra e figura de Liñares, destacando “o papel tan importante que tivo na difusión do folclore”. Pola súa banda o alcalde de Ordes, Manuel Regos defendeu unha vez máis ‘os investimentos en proxectos culturais para beneficio da sociedade, incluso en tempos como os actuais”. Ao seu carón tamén se atopaban a tenente de alcalde, Silvia Marín, e o concelleiro de Urbanismo, Roberto González.
Xa dentro da sala que albergará esta mostra ao longo das vindeiras semanas o público permaneceu durante máis dunha hora contemplando un sinfín de obxetos, moitos deles pertencentes ás coleccións que Juanjo Liñares foi realizando ao longo dos seus innuerables viaxes. Bonecas coa indumentarias típicas; libros de edicións limitadas como un extraordinario exemplar da Celestina; bocetos dos traxes rexionais empregados no seus espectáculos e realizados por él mesmo; unha ampla colección de crucifixos e, como non, unha pequeña representación dos seus traxes entre os que se atopan un espléndido traxe de gala de Ordes, un sari hindú pertencente a Anita Delgado ou unha bata de cola flamneca lucida por Paloma Díaz. Tamén se expoñen numerosas placas e premios dos que foi recibindo por todo o país ao longo da súa traxectoria, ademais dunha montaxe videográfica onde se pode ver ao propio Liñares ofrecendo discursos e falando da súa actividade profesional. Pero sen dúbida o que maior número de comentarios e interés suscitou entre os asistentes foron a ampla colección de fotografías que amosaban a súa traxectoria tanto persoal como profesional, amosando ao Juanjo fillo, pai, irmán, amigo e veciño. Ao Liñares artista, coreógrafo e gran bailarín homenaxeado e inmortalizado polos pinceis e cámaras de pintores e fotógrafos da época. E como non, ao fundador da agrupación Sementes da Arte, un dos grandes legados cedidos desinteresadamente tanto ao pobo de Ordes como á cultura tradicional galega.
Traxectoria
Juanjo Liñares foi un estreito colaborador de Antonio Gades no ballet Fuenteovejuna, 1994, en cuxa elaboración traballou como experto en folclore. Durante 40 anos dedicouse por enteiro a investigar as danzas tradicionais de España, a difundilas e a ensinalas, dende que en 1970 tivo que abandonar os escenarios por problemas de saúde. Fundou varios grupos de danza, entre eles Sementes da Arte de Ordes.
Liñares tiña obras no repertorio do Balet Nacional de España, e estaba en posesión da medalla das Belas Artes, así como da Medalla de Bronce de Galicia. É fillo predilecto de Ordes e unha lúa leva o seu nome na mesma vila.
Tivo varios discípulos sobranceiros, entre eles Javier García, que exerce a docencia no Colexio Estudo, no que o folclorista galego é unha materia de estudo máis. Tamén foi mestre de Manuel Segovia, que dirixe a Compañía Ibérica de Danza ou Aida Gómez, que preparou algún traballo xunto a el.











