Os obradoiros de teatro infantil regresan a Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A Concellería de Cultura, que dirixe Begoña Alonso, informou hoxe da apertura do prazo para inscribirse aos obradoiros de teatro infantil para nenos e nenas de primaria que o Concello volve poñer en marcha coa chegada do outono. O período para apuntarse está aberto ata o día 10 de outubro mentres a actividade impartirase todos os venres de 16.30 a 17.30 horas dende o día 11 de outubro ata o 27 de decembro, agás os festivos. Tanto a inscrición como a actividade serán na Casa da Cultura.

Unha actividade que se comezou a ofrecer por primeira vez no outono do ano pasado e que se mantén no tempo “por el éxito de participación que registra en cada edición así como por los beneficios que tiene para los niños y niñas, que aprenden a hablar en público y a valorar sus  habilidades mejorando su autoestima” explica Alonso.

Dende entón, os cativos e cativas tiveron a oportunidade da participar en obradoiros de teatro no outono, no Nadal e na primavera coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Deste xeito, xa teñen  representado obras como “A Quirica” ou “Todo é un conto” e ofreceron tamén un festival de teatro e panxoliñas no Nadal. 

Son moitos os pequenos que levan participando en todas as edicións dende que se puxo en marcha, aínda que cabe destacar que poden acudir todos os nenos e nenas de primaria que desexen aprender a interpretar, a relacionarse cos seus compañeiros e finalmente a protagonizar unha representación teatral diante do público.

“Esperamos que sean cada vez más los niños y niñas que participen en este obradoiro como forma también de acercalos a las artes escénicas y de contribuir a seu crecimiento personal” manifesta Begoña Alonso.  

30 de setembro de 2013 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.