Os gañadores da campaña de verán do CCA Carballo percorrerán os establecementos para consumir os seus cheques
O próximo domingo, día 22 de setembro, aproveitando que o comercio carballés abrirá as súas portas ao coincidir con feira, Mª Elena Loureiro Vila e Pablo García Pereira, gañadores dos premios da campaña de verán de CCA Carballo, consumirán os 2.000 € en cheques compra cos que resultaron agraciados no sorteo celebrado o día 12 do mes en curso.
Ás 11:00 da mañá, acompañada dunha persoa da súa confianza e dun representante do CCA Carballo, iniciará Mª Elena, na Praza do Concello, o seu recorrido nun transporte facilitado polo Centro Comercial Aberto. Dispoñerá de 1 hora para investir os 1.000 €, sen gastar en ningún establecemento cantidades nin iguais nin superiores a 500 € e debendo facer compras en, polo menos, 5 establecementos.
As 12:00 rematado o tempo dela iniciará o seu recorrido Pablo quen deberá cumplir idénticos requisitos.
Durante ese tempo, estes afortunados malpicáns, visitarán cantos establecementos asociados desexen para ver de atopar aqueles produtos que consideren necesarios, e lles convenzan.
No caso de non ser quen de gastar a totalidadae do premio, a cantidade non consumida perderá o seu valor.











