publicidade hoxe

Os comerciantes de Pontecesures organizan a Feira de Oportunidades MercaCesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

27092013-15Os comerciantes cesureños, están a ultimar os preparativos para levar a cabo a Feira de Oportunidades MercaCesures, que terá lugar na vila ullanesa o próximo sábado 5 de outubro.

A feira do comercio abrirá os seus postos ás dez da mañá na rúa San Lois, a máis central do municipio, e prolongarase ao longo de todo o día.

A asociación conta coa colaboración do Concello cesureño, que pon a disposición dos empresarios e comerciantes 20 carpas de 3 × 3.
Á iniciativa xa apuntáronse 17 comercios de todo tipo do Concello, e a oferta amplíase vendedores doutros municipios, aos que se habilitará un espazo diferenciado.

Por outra parte, e como novidade, se permitirá que os particulares e asociacións poidan tamén participar nun anciño veciñal para a venda libre de artigos de todo tipo.

O anciño desenvolverase de forma paralela á Feira de Oportunidades e neste poderanse intercambiar, comprar ou vender xoguetes, antigüidades, libros, películas, artigos de coleccionismo, roupa, artesanía… Os que estean interesados en participar, deben chamar ao teléfono 626 861 526.

Ao longo de toda a xornada se contará con animación de rúa para os máis pequenos, grazas á colaboración de “O Espectáculo dos Pallasos” e con inchables na Plazuela.

Ao peche da Feira realizarase o sorteo dunha gran cesta formada por produtos de todos os comerciantes presentes, e na que entrarán as rifas entregadas durante todo o día polas co9mpras feitas nos diferentes postos.

27 de setembro de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.