Os carballiñeses mostran o seu compromiso co medio actuando na limpeza das rúas

Brigada canina
A “brigada canina” da área de Xuventude do concello do Carballiño está sacando as primeiras conclusións tras varias semanas de traballo polas rúas da vila. En primeiro lugar destacan que a maioría dos veciños aos que lles ofrecen a información se mostran moi receptivos, e aplauden esta acción que está a desenvolver o concello.
A “brigada canina” está formada por 8 voluntarios do Carballiño, os cales pasean pola vila entregando información sobre as normas que se deben cumprir cando se ten can, e entregando aos donos destes as bolsas, de forma gratuíta, para que recollan os seus excrementos e non os deixen nas beirarrúas ou os parques, ensuciando a vila e provocando a queixa dos veciños.
Tamén están a deixar esta información nos comercios da vila, para que os clientes poidan collela e enterrase de obrigas tan importantes como a de recoller as feces dos perros(destacando que a multa por non o facer é entre 100 e 3.000 euros), identificar co chip as mascotas e animais de compañía, etc…
Unha das demandas que realizan a maioría dos propietarios de cans é a necesidade de crear no Carballiño zona onde poidan levalos a realizar as súas necesidades, os coñecidos “pipi can”. Esta é unha idea que están a barallar dende o grupo de goberno, buscando o mellor lugar para este servizo.











