Os bos datos de Alvedro responden á adaptación da oferta á demanda dos usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa e presidenta do Consorcio de Turismo, Luisa Cid, asegurou hoxe que as últimas estatísticas de Aena, que reflicten que en agosto o aeroporto de Alvedro recibiu 79.281 pasaxeiros, un 1,8% máis que no mesmo mes do ano 2012, demostran unha vez máis que na Coruña “hai demanda e que os nosos esforzos por adaptar a oferta de rutas e voos a esa demanda dan os seus froitos”.

Cid explicou que os datos son testans e que son os propios números os que avalan a xestión que realiza o Goberno local dende a súa chegada a María Pita. “Por terceiro mes consecutivo, Alvedro é o único aeroporto galego que crece en termos interanuais”, dixo para engadir que se trata dun “dato moi bo” e lamentar que o resto dos aeródromos -Lavacolla e Peiteador- perdesen pasaxeiros. “É bo que os tres aeroportos funcionen ben porque a conectividade é clave para Galicia”, asegurou o tenente de alcalde.

En todo caso, Luisa Cid afirmou que aínda queda moito por facer para consolidar a senda do crecemento tras unha etapa moi dura para o aeroporto tras a quebra de Spanair e a marcha de Easyjet. “Imos polo bo camiño e somos razoablemente optimistas, pero seguimos traballando para igualar ou mesmo superar a cifra do pasado ano, cando alcanzamos os 850.000 pasaxeiros”, dixo a edil tras recordar que o regreso de Air Europa o pasado xuño contribuíu a afianzar a senda de crecemento de Alvedro.

11 de setembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.