Os árbitros coruñeses superan as probas físicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+
Grupo de arbitros coruñeses

Grupo de arbitros coruñeses

A Delegación de Árbitros da Coruña realizou onte nas pistas de INEF en Bastiagueiro o control físico aos seus colexiados obrigatorio ao inicio de tempada para poder arbitrar este curso.

A Delegación de Árbitros da Coruña del Comité Técnico Gallego de Árbitros levou a cabo onte como cada comezo de tempada, o control físico obrigatorio a todos os árbitros pertencentes á delegación, máis de cento cincuenta colexiados.

As probas físicas tiveron lugar nas pistas de atletismo de INEF en Bastiagueiro, dende as 17.00 horas ata as 22.00 horas. O nivel físico demostrado foi alto por parte dos árbitros, proba diso é que apenas cinco dos máis de cento cincuenta que realizaron as probas físicas non as superaron. O seguimento aos árbitros neste comezo de tempada completarase cos exames de regras de xogo que terán lugar o xoves no propio aula da delegación.

Así mesmo, o pasado 9 de setembro comezou un novo curso para ser árbitro na delegación da Coruña. A clase de regras de xogo impártese todos os luns a partir das 19.00 horas. Os interesados en inscribirse deben mandar un correo electrónico a coruna@arbitrosfutbolgalicia.com solicitando a súa inscrición.

21 de setembro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.