Ordes abre o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas 2013-14
O Concello de Ordes ven de dar a coñecer o cartel de actividades deportivas e culturais 2013-14 e cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de setembro.
Debuxo e pintura (venres tarde), ioga (luns e mércores 20h), teatro (sábados 11h), crossift (luns e mércores 21.30h), gym-balet (luns e mércores 19h), fitball (martes 21.30h), pilates (martes e xoves 19.30h), combus fat (martes e xoves 18.30h), parner gym (xoves 21.30h) e circuito para maiores de ximnasia, memoria e traballos manuais. Ademais de todo isto hai que incluir tamén os distintos cursos que se imparten dende as escolas deportivas municipais de fútbol, fútbol sala, hóckey, patinaxe, pádel, atletismo, tiro con arco, tenis, de mesa e judo.
Para formalizar a inscrición é preciso facer entrega da ficha de inscrición no Departamento de Cultura e Deporte ubicado no primeiro andar do Concello. Tamén se pode solicitar máis información chamando ao 981 680 002.











