Ordenación do tráfico co gallo da Romaría de San Mateo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

Con motivo da celebración da tradicional Romaría de San Mateo, o vindeiro sábado, día 21 de setembro, na parroquia da Parte, e para facilitar o tráfico de vehículos na zona, infórmase que o acceso ao campo da festa, a partir das 08:00h do día 21, se fará pola estrada que vai dende Ribasaltas entrando pola capela da parroquia da Parte e seguindo nun só sentido da circulación cara a zona de Camporrío, estrada do Canal de Regadío e Reigada.

Prégase a todos os asistentes que estacionen os seus vehículos nos lugares que a organización habilita e, en todo caso, eviten obstaculizar a circulación ao posible paso dos servizos de emerxencia.

En diversos puntos da contorna da festa haberá contedores para depositar o lixo xerado durante os xantares e deixar o terreo nas mellores condicións de limpeza. Cómpre, asemade, ter o máximo respecto ás propiedades privadas da veciñanza e, en concreto, ás plantacións existentes nas proximidades.

19 de setembro de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.