Operarios municipais instalan unha nova marquesina na travesía de Pazos, na PO-255

Vista da nova marquesina
Operarios do Concello de Ponte Caldelas acaban de finalizar a instalación dunha marquesiña de abrigo na parada de autobús situada xunto á senda peonil de Pazos, dentro dos traballos de ensanche e humanización levados a cabo na estrada P0-255.
A marquesiña, construída en aceiro inoxidable que a fai resistente ás inclemencias do tempo e que facilitan a visión da chegada do transporte público, foi facilitada ao Concello de Ponte Caldelas, a petición do seu Alcalde Perfecto Rodríguez, pola Dirección Xeral de Mobilidade de la Xunta de Galicia.
Este novo elemento do mobiliario urbano vén a formar parte das melloras acometidas na P0-255, ao seu paso por Pazos, que contemplou ademais da ampliación do vial de acceso a Ponte Caldelas, toda unha serie de medidas de mellora da seguridade vial como o pintado do firme, creación de dous senllas peonís e a posta en servizo de novas e modernas luminarias que modificaron por completo a fisionomía da travesía de Pazos.
A marquesiña dará servizo tanto aos usuarios do transporte público como o escolar que precisan dun elemento destas características para resgardarse das inclemencias do tempo mentres esperan pola chegada do autobús.
O Alcalde Perfecto Rodríguez manifestou a súa satisfacción polos traballos de ampliación e humanización levados a cabo na P0-255 que coa colocación de elementos do mobiliario urbano van completando un proceso de modernización e servizo ao cidadán.











