Ofertan 18 obradoiros de actividades saudables e de lecer para maiores
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza unha nova edición do Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia para as persoas maiores, cunha ampla oferta de actividades saudables e de lecer, dirixidas aos maiores de 60 anos empadroados no Concello de Ourense.
O programa deste ano ofertará un total de 18 cursos e obradoiros, dando continuidade ás propostas desenvoltas durante o anterior, que acadaron unha gran resposta de participación, cubrindo a totalidade das máis de 800 prazas ofertadas.
As propostas para o curso 2013/2014 inclúen 38 grupos en 18 modalidades diferentes:
– Iniciación á informática (5 grupos),
– Informática-nivel perfeccionamento (3 grupos),
– Informática-nivel avanzado (2 grupos),
– Pintura (3 grupos),
– Manualidades (2 grupos),
– Música,
– Teatro,
– Curso de Actividade física e memoria,
– Risoterapia (2 grupos),
– Estimulación da memoria (4 grupos),
– Animación á lectura,
– Habilidades sociais,
– Tai-Chi (2 grupos),
– Pilates (2 grupos),
– Ximnasia (4 grupos),
– Cachibol (2 grupos),
– Natación Iniciación e
– Natación Perfeccionamento.
Información e inscricións
Tódolos interesados poderán presentar as súas solicitudes dende o vindeiro luns, día 9, ata o venres, 20 de setembro, ambos inclusive, en horario de 9 horas a 13 horas. As prazas son limitadas e poderán solicitarse un máximo de tres cursos por persoa, dos cales non poderán ser máis de dous os dedicados a actividade física.
As solicitudes deberanse presentar nas oficinas da Concellería de Benestar Social sitas na rúa Bispo Carrascosa, número 14 ou na Oficina de Atención Cidadá, sita na Praza de Santa Eufemia, número 6, baixo. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 988 39 29 09 ou 988 38 81 71.
Xunto coa solicitude dos cursos deberáse presentar unha fotocopia do DNI, volante de empadroamento no Concello de Ourense e certificado de ingresos do solicitante, e en caso de non ter ingresos propios, os do seu conxúxe. Tamén será preciso presentar informe médico, unicamente para aqueles cursos que impliquen actividade física.











