Obradoiro teórico-práctico sobre orientación laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumiaXuventude
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, impartirá o vindeiro 25/10/2013 o obradoiro formativo Emprégate, destinado a mozos e mozas menores de 30 anos. O prazo de inscrición xa está aberto, o límite para anotarse é o 10 de outubro. Con este obradoiro, que será práctico e dinámico, ofrecerase aos asistentes información importante que lles pode ser da máxima utilidade na procura dun traballo.

O curso será presencial e terá unha duración de dúas horas. Desenvolverase o venres 25 de outubro na Casa da Cultura de Ribadumia, en horario a determinar. É gratuíto. Entre os contidos destacan os recursos precisos para que os participantes adquiran as habilidades, destrezas, técnicas e instrumentos necesarios para poder desenvolver un proceso de busca de emprego adaptado ás súas necesidades. Así, o obradoiro inclúe contidos como a autoevaluación do candidato e elaboración do análise DAFO; posibles nichos de emprego no mercado laboral xuvenil; ferramentas para atopar emprego; programa EMPRENDE; a importancia do curriculum vitae; uso da carta de presentación; e como afrontarse a unha entrevista de traballo.

6 de setembro de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.