O XXVII concurso internacional de piano cidade de Ferrol 2013 avaliará a calidade dos presentados do 22 ao 29 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, informou hoxe sobre a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)  das bases do XXVII Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol 2013. Un certame organizado e patrocinado polo Concello de Ferrol que terá lugar do 22 ao 29 de novembro no Teatro Jofre e que está aberto aos pianistas de tódolos países con idades comprendidas entres os 16 e os 35 anos.

As probas do concurso consistirán en dúas eliminatorias e unha proba final e cumprirán as seguintes características:

> Primeira proba eliminatoria. Duración máxima de 35 minutos. Interpretación dun programa de libre elección que inclúa:

◦   Un preludio e fuga de “O clave ben temperado”, de J.S. Bach.

◦   Un estudio a elixir entres os de Chopin, Liszt, Scriabin, Rachmaninov, Debussy ou Ligeti.

>  Segunda proba eliminatoria. Duración máxima de 50 minutos. Recital de libre elección, no cal deberá incluír unha obra a elixir entre os seguintes compositores españois:

◦   Albéniz:  Unha obra de “Iberia”, incluíndo “Navarra” ou “La Vega”.

◦   Granados: Unha obra de “Goyescas” ou “El Pelele”.

◦   Falla: “Fantasía Bética” ou “4 Piezas Españolas”.

> Proba final con orquestra. Os concursantes actuarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do mestre Enriqye García Asensio. O candidato interpretará un concerto con orquestra a elixir entre os seguintes:

◦   W. A. Mozart: KV 466 en re menor

◦   W. A. Mozart: KV 488 en re menor

◦   Beethoven: nº 3 e 5

◦   R.Schumann: Op. 54 en la menor

◦   F. Chopin: nº1

◦   F.Liszt: nº1

◦   P. I. Tchaikovsky: nº1

◦   Rachmaninov: nº2

◦   S. Prokofiev: nº1 e 3

No que atinxe aos premios, o xurado outorgará na XXVII edición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol os seguintes premios:

– Primeiro Premio: Diploma e 12.000 €

– Segundo Premio: Diploma e 6.500 €

– Terceiro Premio: Diploma e 4.000 €

–  Premio “Gregorio Baudot” ao mellor intérprete galego: Diploma e contratación para a realización dun concerto organizado polo Concello de Ferrol.

Inscrición

A solicitude de inscrición poderá ser presentada ata o 13 de novembro xunto coa seguinte documentación: partida de nacemento, DNI ou pasaporte, dúas fotografías tamaño carné, unha fotografía con dimensións mínimas de 9 x 12 cm, curriculum vitae do candidato, dereitos de inscrición e xustificante do ingreso dos mesmos. Toda a documentación requirida será remitida á seguinte dirección:

Concello de Ferrol

Negociado de Cultura- Concurso de Piano “Cidade de Ferrol”

Praza de Armas s/n. 15402

Ferrol (Galicia-España)

4 de setembro de 2013 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.