O XII Festival Intercentros doará a recaudación á asociación Down Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

O concelleiro de Educación, Francisco Mourelo, presentou esta mañá o XII Festival Intercentros, unha gala solidaria que se celebra cada ano na cidade e que o Concello apoia incondicionalmente “polos valores que transmite como o respecto aos demais, o traballo en equipo ou o esforzo para alcanzar unha meta. Ademais, tamén fomenta a aprendizaxe a través das actividades lúdicas, unha filosofía que comparte totalmente esta Concellería”, afirmou o responsable municipal de Educación e Mocidade quen destacou que o evento xa se converteu nun referente na cidade a nivel educativo e cultural.

Este festival, que se celebrará no Coliseum o 4 de abril de 2014 e que cada ano destina o seu recaudación a unha entidade social, doará os fondos conseguidos á asociación Down Coruña, baixo o lema Distintos, pero iguais. “Este ano estamos implicados máis que nunca porque valoramos e apreciamos o traballo e a dedicación deste organización a favor da integración social”, explicou o concelleiro.

O Festival Intercentros é unha actividade educativa, musical e solidaria para nenos e mozos de entre 9 e 18 anos. O certamen concluirá cunha gala no Coliseum o 4 de abril onde se poderá gozar de tres modalidades: música electrónica, coreografías e canción.

A Asociación Intercentros abre mañá xa abriu o prazo de inscripción ao festival. As solicitudes pódense mandar ao correo electrónico info@festivalintercentros.org ou comunicarse mañá, martes 24 de setembro, na reunión á que se convocan todos os centros educativos e entidades interesadas en participar. O prazo para apuntarse termina o 31 de outubro.

“O Festival Intercentros é un evento moi especial para este Concello. Especial polo número de institucións e centros que participan e polos mozos e as súas familias que se implican neste proxecto solidario. Non se trata tan só dunha gala musical, é unha actividade formativa e solidaria, que demostra o bo estado de saúde do que gozan os centros educativos da cidade”, concluíu o concelleiro de Educación.

Na pasada edición, 3.000 persoas asistiron ao Festival Intercentros, no que participaron 700 mozos de 22 centros da cidade.

23 de setembro de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.